Ola
a todo o mundo!
Con
esta nova entrada de diario quero referirme ao traballado nas sesións do 3 e 10 de decembro de 2020 sobre as programacións didácticas
vixentes. Como xa sabemos, as programacións forman parte do terceiro
nivel de concreción curricular: é no propio centro escolar onde se fai de
forma conxunta entre a xefatura e profesorado de cada departamento a
programación completa. Este persoal docente deseña a programación
da asignatura en base ao decreto de currículo de cada comunidade, e
o profesorado de cada materia prepara á súa vez unha serie de
unidades didácticas que se integran na programación didáctica
completa.
Imaxe
de http://grupoorion.unex.es:8001/rid=1134985626503_669231563_4263/Programacion%20Didactica.cmap
Á
hora de programar, cómpre ter en conta diferentes fontes: didáctica,
psicolóxica, sociolóxica e epistemolóxica. A fonte didáctica
serían os documentos oficiais nos que se base a programación; a
psicolóxica, as características psicoevolutivas do alumnado e
considerar necesidades educativas especiais; a sociolóxica, o
entorno sociocultural e socioeconómico no que está o centro; a
epistemolóxica, os contidos e orientacións metodolóxicas da
materia. Aquí déixovos
un pequeno xogo que atopei para revisar os contidos de cada unha das
devanditas fontes.
Na
aula prestamos especial atención á programación que hai que
preparar cando os futuros docentes se presentan aos procesos
selectivos para
a acceder ao corpo docente de ensino secundario e ensinanzas de
idiomas de réxime especial. A normativa actual implica a preparación
dunha programación completa da asignatura escollida (no noso caso,
primeira ou segunda lingua estranxeira para secundaria ou idioma
estranxeiro no caso das escolas oficiais de idiomas) e a presentación
desta ante un tribunal. É obrigatorio que este exercicio sexa de
creación propia (apoiada nas leis vixentes na comunidade autónoma
onde se leve a cabo dito proceso selectivo), máis como puidemos
comprobar á hora de realizar unha análise de programación
didáctica, a
realidade é que moitos centros optan por plantexamentos moi
básicos que
non cumpren con todo o estabelecido no decreto de currículo e son os
docentes os que quedan a cargo de completalas coas súas propias
unidades. Unha programación
completa para
ESO e Bacharelato debería incluir cando menos unha contextualización
do centro, referencias ás competencias e obxectivos que se van
traballar na asignatura xunto cos correspondentes procedementos
metodolóxicos e de avaliación; materiais e recursos, medidas
de atención
á diversidade e
de modificación das programacións en relación cos resultados
académicos do alumnado se for preciso.
Polo
que puidemos ver nas presentacións grupais, poucos centros dos analizados cumplen con todos estes aspectos. A tendencia
xeral é a de empregar os decretos o máximo posible, describir de
xeito máis pormenorizado algún dos puntos (pero non todos) e deixar
que os docentes se fagan cargo dos detalles nas súas unidades
didácticas.