Ola de novo!
Na última aula de As linguas estranxeiras no contexto español e internacional cada un(ha) de nós fixo unha presentación individual sobre un dos temas propostos polo profesorado. No meu caso, falei dunha das certificacións internacionais máis recoñecidas no mundo académico para a ensinanza da lingua inglesa: o CELTA (Certificate in Teaching English to Speakers of Other Languages). Unha das razóns é porque eu mesma fixen o curso en 2019 e paréceme interesante explicar en que consiste exactamente dende unha perspectiva máis persoal.
En xeral, o CELTA está concibido como unha preparación intensiva para docentes da lingua inglesa, especialmente enfocado a alumnado adulto máis que se pode ampliar a diferentes niveis. Para a educación primaria recoméndase o curso TKT: Young Learners, un módulo especializado en ensinanza para rapazada de infantil e primaria.
Déixovos aquí a presentación para que poidades botarlle unha ollada; para profundizar un pouquiño máis, tendes ligazóns de interese no apartado 3. Espero que vos guste!
Saudiña!
Katrin B.
Ningún comentario:
Publicar un comentario