Ola a todo o mundo!
Para esta entrada vou seguir falando do Marco Europeo Común de Referencia (MECR) e da LOMCE, mais esta vez centrareime no tipo de competencias que se pretenden traballar na aula en cada un dos modelos. De forma breve, repasaremos as competencias presentes na LOMCE e como funcionan na aula de linguas estranxeiras; doutra banda, falaremos das competencias que se traballan con MECR e que metodoloxía se emprega neste caso.
Por unha parte, na LOMCE existen unha serie de competencias básicas (ou clave) que se deben traballar en todas as asignaturas sen importar cal sexa o contido da materia. Hai sete tipos de competencias que se traballan na educación básica, a saber: a competencia en comunicación lingüística (CCL), matemática e ciencias e tecnoloxía (CMCT), dixital (CD), aprender a aprender (CAA), conciencia e expresións culturais (CCEC), conciencia social e cívica (CCSC), e sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE). No caso das linguas estranxeiras, a competencia máis traballada será por suposto a lingüística, aínda que as outras se poden adquirir de igual modo de xeito transversal, especialmente coa implantación na aula da aprendizaxe baseada en proxectos (ABP).
Por outra parte, no MECR tamén se traballan competencias, pero neste caso cabe distinguilas en dous tipos: competencias xerais e competencias comunicativas da lingua. As competencias xerais son aquelas que aínda que non teñen que ver directamente coas linguas poden relacionarse con estas. As competencias comunicativas da lingua son pola contra aquelas que permiten aos seres humanos comunicarse mediante distintas linguaxes. Dentro de cada unha destas grandes categorías hai varias dimensións que mostramos de xeito esquemático a continuación:
1. Competencias xerais: inclúe o coñecemento declarativo, destrezas e habilidades, competencia existencial e a capacidade de aprender. Podedes botarlle un vistazo nesta ligazón ao MECR en galego. Na páxina 155 aparecen as competencias xerais en máis detalle.
2. Competencias comunicativas: inclúe competencias lingüísticas, sociolingüísticas e pragmáticas. Tamén na ligazón do punto anterior podedes atopar información máis completa sobre as competencias comunicativas na páxina 164.
Doutra banda temos a competencias pragmáticas da lingua, que son a competencia discursiva e a competencia funcional. Referímonos con estas á capacidade para entender e empregar a lingua dun xeito natural. É relevante que se teña en conta esta dimensión, xa que poden darse casos nos que os/as aprendices non sexan conscientes de cales son as «regras» de uso da lingua. Un exemplo atopámolo na seguinte viñeta:
É preciso facermos sabedor aos nosos estudantes deste tipo de situacións. De aí que empregar unha metodoloxía con enfoque activo sexa tan importante, tal e como se recolle nas bases do MECR. É decir: ao dárense na aula situacións comunicativas que se poden extrapolar ao que ocorre fóra da aula, estamos facilitando ao alumnado unha aprendizaxe funcional, que lles vai ser útil e cuxos coñecementos poderán utilizar cando for preciso. Un exemplo de exercicio cun plantexamento pragmático podería ser o emprego de saúdos de cortesía e informais, como adaptalos segundo o interlocutor e a adecuación ao contexto sociocomunicativo. Que pensades vos?
Un saúdo,
Katrin B.
Ola, Katrin! Pois si. É doado traballar soamente coas competencias lingüísticas e obviar ou "olvidar" todas as demais, cando xustamente son estas últimas as que condicionan todo. A situación semella estar a revertirse nos últimos anos e parece que no MECR van recollendo todos estes aspectos. Porén, penso que non é suficiente. Poida que sigamos tendo clases de idiomas moi tradicionais e circunscritas ás paredes dunha aula. De feito, polo que puiden pescudar tamén ao respecto, no noso país en concreto, o nivel de inglés segue a ser moi por debaixo do desexable e, probablemente, teña moito que ver isto. Xustamente esta idea de que aprendemos idiomas para acadar un título pero despois non o empregamos ou non o poñemos en práctica fóra do contexto académico. Unha verdadeira mágoa, posto que canto máis se extrapole o idioma a outros ámbitos da vida, máis sinxelo, natural e normalizado será o seu uso e coñecemento.
ResponderEliminarMais, como dicimos na Galicia profunda,...éche o que hai! jajaja
Igualmente, estou totalmente de acordo contigo en traballar as competencias pragmáticas, sociolingüísticas, etc. como algo de base e non como algo superficial. Engádoche, por se lles queres botar unha ollada, os links a dous blogues: un dunha pedagoga e terapeuta e outro dunha mestra de audición e linguaxe. Ambas traballan moito o tema da pragmática en nenos con trastorno de espectro autista. As dúas ofrecen recursos moi bos para poñer en práctica nas actividades de aula cos rapaces e non, necesariamente, teñen por que ser mozos e mozas con este trastorno. Párecenme bastante útiles para nós tamén. Espero que che sirvan! ;)
Un saúdo.
Rocío.
Ola Rocío! Moitísimas grazas pola túa resposta, entendo moi ben o que dis de extrapolar a lingua a varios ambientes. Por outra banda, eses dous enlaces a blogs que me puxeches vanme vir súper ben para traballar o meu reto de estratexias innovadoras: o alumnado NEE, e creo que a pragmática pode darlle un enfoque moi interesante.
EliminarUnha aperta! ☺
https://www.espaciodept.com/2016/02/que-es-y-como-trabajar-la-pragmatica.html
ResponderEliminarhttps://audiciontierno.blogspot.com/2011/07/pragmatica.html