Ola
de novo!
Escribo
esta entrada, a primeira do ano, para facer reflexión e comentar
algunhas cousas sobre o que vimos no tema 1 da asignatura específica
de Didáctica da
ensinanza das linguas estranxeiras. Neste
caso, voume referir á
situación e
variábeis de ensino dos
devanditos idiomas e o que fixemos na aula durante a primeira semana
do segundo cuatrimestre. Na sesión do 11 de
xaneiro comezamos cos aspectos diferenciais entre lingua inicial,
segunda e estranxeira, asi como as existentes entre lingua habitual,
de traballo e vehicular.
A
modo de resumo: a lingua inicial é a primeira (ou primeiras) que
adquirimos, de forma inconsciente e que nos vén dada polo noso
entorno máis achegado. A linguas segunda e estranxeira chegan a nós
normalmente nas escolas, aínda que a podemos adquirir como lingua
vehicular, de traballo, etc. A segunda lingua é aquela que
adquirimos despois da(s) primeira(s), en tanto que a estranxeira se
adquire nun contexto formal e de xeito consciente, tanto na educación
básica como a
posteriori.
A modo de exemplo, cito o meu caso: as miñas linguas iniciais son o
castelán e o galego, como segunda lingua rematei tendo o inglés por
motivos laborais e persoais, e como lingua estranxeira estudei
francés no instituto (así como posteriormente na carreira).
Por outra banda, temos os
termos referidos a lingua vehicular/de traballo/habitual. Pola
primeira entendemos que é aquela empregada como medio condutor nun
contexto concreto. No estado español, o castelán sería a lingua
vehicular, que comparte protagonismo nas nacións históricas cos
idiomas propios en cada unha delas. A lingua de traballo é aquela
empregada no entorno laboral, entanto que a habitual é a empregada
na maioría de contextos comunicativos. No caso das persoas
bilingües, pode haber máis dunha lingua habitual.
Para
asentar estes coñecementos e clarificalos, fixemos en primeiro lugar
unha actividade en minigrupos cun diagrama de Venn (á dereita tendes un exemplo, atopado neste artigo). Neste, sinalamos
as características propias á hora de aprendermos unha lingua, co
exemplo dunha lingua 1 (no caso do noso grupo, lingua materna), as
peculiaridades da aprendizaxeque compartía cunha lingua 2 (neste
caso, estranxeira) e as particularidades inherentes a esta última.
En común, comentamos o que atoparamos, e algo que cabe mencionar é
que ambas linguas
se aprenden imitándoas,
sexa de forma consciente ou inconsciente. O contexto de adquisición,
pola contra, pode variar, xa que pode ser formal (na escola, no
traballo...) ou informal (na casa, na rúa...).
En segundo lugar, para
entender mellor os conceptos mencionados previamente e o seu contexto
de uso, fixemos unha actividade en formato placemat... aínda que
adaptada á aula en liña. Na teoría, seguindo o esquema do
placemat, cada persoa responde nunha parte ás cuestións que se
formulan para despois chegar a unhas conclusións en común. Pola
nosa banda, respondemos en primeiro lugar a unha serie de preguntas e
despois, en minigrupos, puxémolas en común. Na seguinte sesión
(correspondente ao 14 de xaneiro) comentamos as respostas ao comezo
da clase e aclaramos algunhas dúbidas ao respecto.
Nesta
segunda sesión avanzamos en conceptos que, na miña opinión, nos
servirán no futuro á hora de plantexar a programación para
grupos-aula, entender mellor ao alumnado e aproveitar as súas
particularidades [lingüísticas] ao máximo. Ditos conceptos
refírense ao repertorio
lingüístico, a comunidade lingüística e a comunidade de
lingua.
O
primeiro engloba as linguas que coñecemos (activas e pasivas); por
outra banda, a comunidade lingüística e a de lingua refírense a un
grupo de falantes que comparten un mesmo repertorio lingüístico de
base. A comunidade lingüística refírese a un conxunto de persoas
que falan a mesma lingua. A comunidade de lingua sería o grupo de
persoas que comparten un mesmo contexto xeográfico e interactúan
entre sí mediante normas de uso compartidas. Un exemplo: a miña
comunidade lingüística é a galega, entanto que a miña comunidade
de lingua refírese á fala propia do Morrazo; esta última non
compartiría demasiados rasgos coa variedade oriental do galego que
se fala por exemplo en Maceda (Ourense).Déixovos este enlace ao
Disionario
Morrasense para que riades un pouquiño :-)
A
mellor forma de entender un concepto é traballándoo, de xeito que
primeiro individualmente e logo en común fixemos o repertorio
lingüístico do noso grupo (téndelo aquí).
Se ben é certo que temos tanto linguas como variedades lingüísticas
en común, o certo é que dubido que calquera repertorio lingüístico
sexa completamente homoxéneo, mesmo en grupos pechados como poden
ser unha aula, unha familia, etc., xa que cada individuo usa a lingua
de forma diferente.
Como
docentes de linguas estranxeiras, á hora de transmitirmos
coñecemento estamos aumentando o repertorio lingüístico do noso
alumnado e así axudar a darlle forma á comunidade lingüística na
que nos atopemos. Dependendo da etapa de ensinanza na cal nos
atopemos, empregaremos metodoloxías didácticas diferentes, entre
elas (escollo o inglés por ser a miña lingua de traballo):
Lingua
inicial (English as Mother Tongue)
Lingua
segunda (English as Second Language)
Lingua
estranxeira (English as Foreign Language)
AICLE
(CLIL
– Content learning integrated language)
Aprendizaxe
precoz das linguas estranxeiras (English for Young
Learners)
Linguas
estranxeiras para fins específicos (Englisb for Specific Purposes:
Business English, Medical English, English for Tourism...)
Para
concluír, gustaríame facer fincapé na importancia da relación
entre docente e grupo de aula. A nosa labor baséase na transmisión
de coñecementos, sí, mais tamén no saber ser persoas e mostrar un
lado humano que permita que o proceso de ensinanza-aprendizaxe flúa
cara ambas partes de xeito positivo e ameno. Remato con esta ligazón
sobre a importancia de dita relación nas aulas de secundaria.
Imaxe de http://www.theindependentbd.com/arcprint/details/67805/2016-11-11
Un
saúdo! Espero que vos resulte interesante.
Katrin
B.