mércores, 20 de xaneiro de 2021

Didáctica - Tema 3 (Cristina)

Ola a todxs!

Escribo esta entrada para facer un pouquiño de reflexión sobre o visto no tema 3 da asignatura de Didáctica: Estratexias de comunicación. A comunicación oral e escrita e o seu tratamento na aula. Procedementos para o fomento das habilidades comunicativas na aprendizaxe de linguas estranxeiras. O certo é que me parece un tema complexo e interesante, así como das partes máis útiles á nivel práctico que vimos ata o de agora. Imos aló.


Comezamos o tema falando sobre vocabulario que debería sernos coñecido pero no o era tanto. En grupos e baseándonos no MECR, contruímos un pequeno glosario no cal incluímos os seguintes termos, que describirei de forma moi breve e xeral:
  • Co-construción do significado (traballo conxunto para estimular e desenvolver ideas)
  • Enfoque orientado á acción (modelo educativo no cal o alumno é un axente social que traballa en contextos reais e concretos)
  • Mediación (actividade comunicativa que fai de ponte entre dous individuos/situacións)
  • Plurilingüismo (característica de invididuos que empregan varias linguas e a capacidade de as adaptar segundo as súas necesidades)
Unha vez claros os conceptos, pasamos ao prato forte do dia: a mediación. A min este concepto resultoue familiar por ter estudado interpretación e porque como profesora de inglés en academias privadas, traballase de cara á preparación de exames oficiais e/ou certificados. Cabe mencionar que no exame IELTS Academic, na primeira proba da expresión escrita, os candidatos teñen que explicar a información que poida aparecer nunha táboa de datos, un diagrama ou un gráfico en formato informe. Trataríase pois dunha mediación escrita interlingüística (por ser no mesmo idioma) na cal podemos destacar a lectura e procesamento da información así como a transmisión desta última a un público hipotético que non entendese as figuras anteriores. Por outra banda temos a mediación oral. Un bo exemplo atopeino neste blog, na cal hai un contexto moi concreto: un amigo estadounidense quere saber se hai x cláusulas nun contrato de arrendamento [en castelán]. A nosa labor sería ler dito contrato e transmitir a información relevante que se nos pide [na lingua estranxeira], actuando como ponte entre o texto de partida e o público de chegada. Para comprender exactamente o que supoñen estas actividades, fixemos por grupos unha análise de diferentes actividades de mediación que axudou a clarificar que é o que hai facer (cal é o nivel, que tipo de texto, que interés pode ter para o alumnado...). Rematamos a sesión con retroalimentación sobre as análises por parte da docente. Na segunda sesión, tocounos a nós plantexar unha actividade de mediación por grupos. Podedes ver o que traballamos nesta ligazón. No caso do meu grupo, pensamos nunha actividade para o primeiro curso de secundaria, para que o alumnado se coñecese algo máis entre sí e á vez servise aos docentes como avaliación inicial.

Por outra banda, nesa segunda sesión tamén plantexamos actividades de comprensión. As destrezas receptivas son as escoitas (listening) e a comprensión escrita (reading comprehension), xa que o alumnado non produce, recibe información que ten que procesar. Aínda que se trate de traballar de forma pasiva, o enfoque comunicativo está sempre presente na aula mediante exercicios orais e interacción entre o alumnado. Para practicar de forma activa, fixemos por grupos o plantexamento dunha tarefa de comprensión na aula. 


No caso do meu grupo, escollemos traballar cun texto sobre un programa de radio da BBC cuxos obxectivos principais eran reading for gist, reading for detailed comprehension e use of present perfect como obxectivo secundario. Deixovos aquí unha chuleta cos pasos para unha clase baseada nunha lectura, xa que penso que aprender a deseñar este tipo de actividades para que teñan unha estrutura coherente e enlazada pode ser complicado se non hai ningunha experiencia previa.



Xa no que se refire á produción (tanto escrita como oral) traballamos cunha perspectiva máis accional. Se ben é obvio que o alumnado se vai expresar na lingua estranxeira e se vai a comunicar, a veces non queda moi claro como facelo. Para iso, coido que darlle patróns ao alumnado para que tomen ideas e aprenda é básico. Como non, en grupos fixemos un esquema básico de actividades de produción, que no caso do noso grupo (escribir un correo electrónico informal) incluía preguntas sobre o contexto, un modelo, búsquedas de información concreta e estruturas, e xa finalmente unha produción propia baseada en dito modelo. Dame a sensación de que na educación de idiomas é máis efectivo traballar arredor dun texto (oral ou escrito) que simplemente ter datos que usar, polo menos no primeiro exercicio. É decir: resulta máis sinxelo seguir ese modelo, e unha vez adquirida certa práctica, traballar con cada vez menos axuda ata que un é capaz de crear o seu propio texto.


En conclusión, que todo o que fixemos estes días me pareceu interesante e útil, e que o feito de traballar en grupo sempre axuda. Por que? Porque cada un(ha) de nós ten ideas e experiencias diferentes, que axudan a construir actividades efectivas e cun toque especial.

11 comentarios:

  1. Ola Katrin! Moi interesantes sempre as túas entradas e como inclúes exemplos dende a túa propia experiencia. Se ben eu tamén estudei tradución e interpretación, non concibira o concepto de mediación exactamente da mesma maneira que vimos na clase, pero si é certo que axuda a comprendelo moito mellor. Mencionar que encantoume a actividade de radio e, de feito, vouna gardar de contado porque creo que pode darme moitas ideas para posibles actividades futuras.
    Por último, dicirche que estou totalmente de acordo contigo cando dis que unha das cousas que máis axudan nestas sesións é o traballo en grupo e poder compartir todas as ideas. Un saúdo!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, Lara!

      Si, entendo o que me dis sobre percibir a mediación dun xeito diferente. Graciñas polas boas palabras sobre a actividade de grupo que fixemos, a verdade é que penso que se pode usar con moitas vairables diferentes.

      Un saúdo! ☺

      Eliminar
  2. Ola, Katrin! Grazas pola túa entrada. Eu tamén aprendín moitos termos novos e, coma ti, quedeime coa mediación como idea principal.
    Plantexar as tarefas tal e como aparecen no recadro que inclúes na entrada axuda moitísimo a todos os involucrados na aula: ao alumnado, porque vai traballando sobre un texto (oral ou escrito) de xeito gradual e pautado, e ao docente porque pode achegar mellor o que quere que fagan os seus alumnos e así, axudalos tamén mellor.
    Eu creo que, pola miña banda, vaime custar un pouco axeitarme a facer as miñas actividades con este tipo de plantilla, pero paga a pena probalo, abofé que si!
    Pásame un pouco o mesmo coa mediación, pois ás veces é difícil conseguir introducila nas tarefas. Así que debo poñerme a practicar dende xa.
    Grazas por todas as ideas que inclúes nesta entrada!
    Saúdos,
    Paz

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, Paz!

      Gracias a ti por compartir o que pensas. Hai un tempo eu tampouco estaba acostumada a seguir estruturas para traballar x competencias, pero a verdade é que ao ter un esquema vólvese algo máis sinxelo. Alégrome de que che pareza interesase e queiras probalo!

      Unha aperta! ☺

      Eliminar
  3. Ola Katrin! Moi boa entrada! Gústoume moito que empezases aclarando os conceptos básicos vistos na aula para que non haxa dúbidas segundo imos avanzando na lectura do teu texto, bo warm-up! ;)
    Coma xa che comentaron as compañeiras, a min tamén me gustou que empregásedes un programa de radio coma eixo vertebrador da actividade de comprensión. Penso que polo xeral nos centramos moito no audiovisual ou tiramos de materiais de escoita máis estandarizados deixando de lado un medio tan interesante coma a radio. Craso erro! Tamén me pareceu de grande axuda a imaxe que adxuntas. Estamos aprendendo que é moi importante guionizar as nosas clases e a verdade é que o esquema que presentas é moi interesante para dividir os contidos de maneira estratéxica e de menor a maior dificultade. Felicidades de novo!
    Unha aperta!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, Uxía!

      Grazas polas túas boas palabras! É un gusto traballar convosco :) o programa escollémolo porque daba moito xogo e atopamos un texto no que se refería a el, entón non se trata únicamente de actividades de comprensión, senón que despois tamén se pode traballar cos audios para a comprensión oral, por temas, etc. Graciñas por todo de novo!!

      Unha aperta ☺

      Eliminar
  4. ¡Hola Katrin! ¡Enhorabuena por tu entrada! Has reflejado muy bien tus reflexiones personales sobre esta unidad. Tal y como comentas, el hecho de trabajar en grupo siempre es beneficioso, tanto para nosotros como para nuestro alumnado. Las actividades que hemos visto en este tema ofrecen la posibilidad de trabajarlas en el aula de forma grupal o en parejas y que entre ellos se ayuden a conseguir el objetivo de la actividad.
    Además, tal y como ya han comentado mis compañeras, la actividad de la radio me parece todo un acierto. Se sale de lo común y así se fomenta este medio, a lo mejor no muy conocido entre estas nuevas generaciones.
    ¡Un saludo!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Estela ☺

      Muchas gracias por tu comentario. La actividad con la que trabajamos fue realmente un texto sobre un programa de radio, pero creo que se puede explotar de muchas formas, no solamente a comprensión lectora, sino que después se pueden hacer actividades orales, tocar ciertas temáticas con podasts, trabajar la comprensión oral... la verdad es que da bastante juego de cara al futuro.

      ¡Un saludo!

      Eliminar
  5. ¡Hola Katrin! Me ha encantado tu entrada. La verdad, en primer lugar, gracias por tratar la mediación de una manera tan explicativa. Hasta hace poco, cuando se nos introdujo el concepto de mediación en una asignatura anterior, desconocía totalmente esta actividad de la lengua. Es un poco compleja, quizá porque también nos resulta más novedosa, aunque creo que esencial, al fin y al cabo, es una actividad de la lengua tan real y significativa como las restantes, y también debemos de estar preparados para, en nuestra vida diaria, encontrarnos con este tipo de necesidades comunicativas. Muchas gracias por el enlace que has proporcionado con un ejemplo para la EOI, me vendrá muy bien de cara a preparar exámenes por libre.
    Por otro lado, como comenta alguna compañera, aunque el resto de actividades ya nos resultan más familiares, es complicado (al menos para mí), ceñirme a un esquema como el que planteas. Sin duda, aunque difícil al principio, como todo, también lo veo muy necesario, ya que cualquier actividad debe de formar parte de un proceso gradual.
    Sin duda, un tema muy útil y necesario, que junto con el trabajo en grupo, como dices, nos ha resultado muy enriquecedor, ya que hemos podido conocer un gran abanico de actividades, que sin duda, podremos poner en práctica.
    ¡Un saludo! :)

    ResponderEliminar
  6. Ola, Ana!

    Entendo o que dis sobre a mediación, si... a verdade é que non é algo do que se nos falase demasiado pero ten moito sentido que se empregue, xa que na vida real sí hai máis situacións de mediación que simplemente escoitar algo e entedelo. A transmisión de información non deixa de ser algo natural para os seres humanso e como profes de linguas estranxeiras hai que traballalo.
    No que respecta aos esquemas, estou dacordo contigo en que se ben é necesario ter unha estrutura gradual, si é moi dificil velo ao principio. En fin, o de ir do xeral ao particular e viceversa con algúns pasos intermedios.

    Unha aperta! ☺

    ResponderEliminar
  7. Ola, Katrin!
    Gustoume moito a túa entrada, felicítote polas ideas e exemplos que compartes nela, parecéronme moi interesantes. Esta unidade gustoume moito polo enfque que se lle deu á mediación, que ten unha importancia cada vez maior na práctica docente das linguas estranxeiras. Estou totalmente dacordo contigo en que hai que darlle unha serie de patróns a seguir aos alumnos á hora de desenvolver exercicios de expresión oral, xa que estes abren un gran abanico de opcións e ás veces pode non estar moi claro que é o que se quere conseguir. Por outro lado, tamén me pareceu moi acertado o que comentas sobre a importancia de traballar en grupo para ter a posibilidade de escoitar diferentes ideas e experiencias doutros compañeiros e enriquecer as nosas propias.
    Un saúdo!

    ResponderEliminar