Ola de novo!
Desta volta vou
comentar o que fixemos no tema 11 da asignatura Didáctica (...): A
avaliación na aula de linguas estranxeiras. Eu vou falar sobre as
rúbricas e os diferentes tipos de avaliación cos que teremos que
traballar, así como da retroalimentación (feedback)
e algunhas estratexias para levala a cabo.
Antes de nada,
quero recalcar que avaliar se trata de recoller datos para tomar
decisións, e non simplemente cualificar, que sería dar unha nota en
base a unha escala numérica/de letras. A valoración que fagamos
debe ter uns criterios claros e obxectivos – de aí que sexa tan
importante escoller instrumentos de avaliación adecuados e de saber
empregalos correctamente.
Comezo falándovos
sobre as rúbricas porque son unha das ferramentas máis
empregadas para avaliar tarefas de aula... e non sempre se fai de
xeito correcto. Trátase dunha táboa que empregaremos para decidir
se unha actividade/tarefa conseguiu os obxectivos a traballar nese
momento. Unha boa rúbrica debe ter os descritores ben redactados de
xeito que refiran os obxectivos a conseguir ou conseguidos de xeito
claro. Se nós elaborarmos unha rúbrica, a idea é que ao
redactadala non sexa válida únicamente aos nosos ollos, senón que
outra persoa sexa capaz de entendela e empregala de forma correcta e
obxectiva. Deixo aquí unha rúbrica
para avaliar rúbricas que a profesora Cristina nos ensinou en
clase e que vexo moi útil a modo de guía.
Algo que
comentamos na clase é a posibilidade de que o alumnado participe na
creación de rúbricas, xa que deste xeito terán unha participación
máis activa nos procesos de aula e serán á vez conscientes da súa
propia autoaprendizaxe. Tamén está a posibilidade de darlle ao
grupo-aula unha rúbrica xa feita e que a comenten, lle engadan
puntos que cren que faltan, notas, etc. Penso que deste xeito se
involucra a todas as partes interesadas e que pode dar bós
resultados. Definitivamente é algo que querería probar no futuro.
Para practicar, nós engadimos unha rúbrica á actividade de
mediación que fixemos no tema 3. Se ben non sempre é sinxelo
escoller o que se vai a valorar e redactalo dun xeito claro, sinto
que nos serviu para dármonos de conta do que non hai que
facer.
Xa no que se
refire aos tipos de avaliación, atopamos varios tipos (inicial,
formativa e final) e subtipos (coavaliación, autoavaliación...). A
avaliación inicial vainos servir a modo de diagnóstico ao comezo
dunha etapa, curso, trimestre... e é necesaria para ter unha
primeira idea do nivel e funcionamento do grupo aula e así aplicar
as metodoloxías e cambios precisos que mellor funcionen con el. Da
formativa falarei a continuación por ser a máis extensa, ainda que
a última sexa a avaliación final (ou sumativa). Trátase da suma
dos resultados obtidos nas avaliacións previas para certificar e
calificar a aprendizaxe dacordo cos criterios establecidos polo
sistema correspondente. As ferramentas máis comúns son os exames,
en conxunto coas rúbricas e listas de comprobación.
A avaliación
formativa, pola contra, débese ter en conta dende o primeiro
momento, xa que trata de ver o progreso do alumnado dende que comeza
ata que remata. Para isto e preciso que o profesorado dea
retroalimentación contínua e así mellorar tanto o ensino como a
aprendizaxe do alumnado. A retroalimentación pode darse de diversas
formas (comentarios escritos, notas redactadas no traballo entregado,
reunións co alumnado, notas cuantitativas, informes...) e o
obxectivo non é criticar erros, senón axudar a correxilos. É
decir: non facer comentarios negativos e encarar a observación
sempre a posibles melloras (coidado coa linguaxe que empregamos!).
Por exemplo, a nosa profesora comentou que nas súas aulas emprega un
código para a correción de tarefas escritas similar ao que tendes
na fotografía (fonte: British
Council). Ao alumnado coñecer o código e ter sinalados os
erros, deben buscar pola súa conta a forma de correxilo... e
entregar esta nova versión. Aquí
vos deixo un artigo que atopei moi interesante en canto ás formas
máis efectivas de dar retroalimentación. Cabe mencionar que as
notas numéricas non están mois aconselladas, posto que non sinalan
o que se pode mellorar. Un formato de retroalimentación que me
gustou moito é o dos exit tickets que descubrín grazas ás redes.
Estes implican que o alumnado faga reflexión sobre o aprendido antes
de saír da aula nun papel, coas indicacións que cada docente
escolla (os de eltarrodelosidiomas
gústanme moito), por exemplo algo que cres que debes revisar, algo
que che gustou, algo que non entendiches, ou algo que podes explicar
a un/ha compañeiro/a. O feito de que sexan algo que hai que entregar
sí ou sí serve de moito ao alumnado para reflexionar e ao persoal docente para mellorar ou cambiar a forma de levar a aula.
Na miña
experiencia, unha forma efectiva de retroalimentación que funciona
ben é a de tomar notas durante a clase tanto de posibles erros como
de bos usos da lingua. Antes do remate das aulas, escribir na
pizarra estas notas (ou unha parte delas, segundo consideración, por
exemplo, os erros máis repetidos) e pedirlle ao grupo que digan se
cren que está ben ou mal e por que, como o correxirían e se o
termo/expresión precisa cambios ou non. No caso de erros incorrectos
da lingua, cabe pedirlles que para a seguinte sesión traian un
exemplo dese punto correxido (por exemplo, se hai erros na expresión
do presente perfecto ou un falso amigo, escribir tres oracións co
uso correcto do tempo verbal ou da expresión correspondente). Sinalo
os bos usos da lingua porque tamén serven para que o grupo sexa
consciente de que hai cousas que están facendo que están ben ditas
e empregadas, e queda contento de saber que vai polo bo camiño.
En conclusión,
pareceume un tema importante para a nosa vida laboral, xa que imos
non só ensinar, senón valorar de que xeito se leva a cabo e que
efecto produce no alumnado, así como os seus progresos dende que
comezan o proceso ensinanza-aprendizaxe.
Ola, Katrin!
ResponderEliminarMoitas grazas pola entrada, gústame moito a túa reflexión sobre os tipos de avaliación e tamén o que contas da túa propia experiencia. Paréceme moi boa idea o de tomar notas dos erros e bos usos da lingua para posteriormente comentalos na aula, penso que desta maneira todos o alumnos e alumnas son partícipes desta aprendizaxe. Porén, penso que hai diferentes opinións con respecto a isto. Algúns docentes comentáronme nalgunha ocasión que, no caso de actividades orais, era mellor interrumpir ao alumnado no momento que dicían algo que estaba mal, en lugar de apuntalo e dicilo ao final. Que opinas disto? Cal pensas que é a mellor maneira de facelo?
Unha aperta!
Ola, Ana! Graciñas polo teu comentario ☺ Penso que depende un pouco do que se esté a traballar e do nivel, porque se hai un erro na expresión oral, interrumpir ao alumnado pode facer que esa falta se corrixa no momento, pero seguramente se repetiría no futuro. Tamén pode ser que se lles corte o fío do que están a decir e non o sigan, claro. Se lles correximos algo e os forzamos a traballalo de cara á próxima sesión e a tomar notas, penso que a aprendizaxe se fai máis significativa. O ideal sería falar desas faltas e traballalas para estabelecer patróns no vocabulario (por exemplo coas collocations), na fala etc.
EliminarOutra aperta :-)
¡Hola, Katrin!
ResponderEliminarMe encanta cómo has matizado ciertos aspectos de este tema. Y es que, como bien dices, con las rúbricas hemos aprendido a lo que NO debemos hacer más que a lo que SÍ debemos hacer. Me parece muy sustancial aprender, a veces, mediante aquello que es erróneo y no tanto por lo que es correcto. De hecho, podemos ponerlo en práctica cuando nos toque explicarles las rúbricas a nuestros futuros e hipotéticos alumnos/as. =D
Por otro lado, me parecen muy útiles y originales las exit tickets como método de recopilación de información sobre cómo han ido las clases. Especialmente interesante en cursos inferiores (primaria y primer ciclo de secundaria), momento en el que el alumnado es más reacio (por miedo o por vergüenza) a consultar las dudas en alto, delante del resto de compañeros. Además, es una magnífica y sutil forma de conseguir feedback de las actividades que están teniendo éxito y cuáles debemos modificar. Por otro lado, aquellos alumnos/as con más desparpajo son capaces de confesar aspectos referentes a la personalidad del docente o a su método de impartición de la clase, lo cual es conveniente tener en cuenta también.
¡Muy interesante y provechosa esta entrada, Katrin! Love it!
¡Un abrazo!
¡Hola, Katrin! Primero de todo, ¡enhorabuena por tu entrada! Creo que está muy completa y has sabido reflejar los aspectos principales del tema.
ResponderEliminarComparto tu opinión (y la de mis compañeras) acerca de lo útil que nos resultó la actividad de la rúbrica, que parecía mucho más fácil de hacer de lo que realmente es. A mí me costó especialmente dejar a un lado la subjetividad ¡aún pensando que estaba siendo objetiva! Está claro que en poco tiempo no nos iba a salir perfecta, pero desde luego sí que nos llevamos una idea más clara.
Además, creo que también sería muy enriquecedor crearla con el alumnado, aunque en mi caso primero tendré que practicar bastante antes de dar ese paso para no caer en confusiones.
Por último, no había oído hablar nunca de los exit tickets (aunque sí de la cuenta de 'El tarro de idiomas', que me gusta un montón) y me parece que tendrían resultados beneficiosos tanto para los alumnos y alumnas como para el/la profesor/a. Que el alumnado convierta la reflexión en parte de la rutina de aprendizaje me parece fundamental para hacerles partícipes y conscientes de su progreso. Y por otro lado, el/la profesor/a podrá ir comprobando si las técnicas y actividades utilizadas están realmente ayudando (y motivando) a sus estudiantes.
¡Un saludo! :)