A seguinte actividade está relacionada co resto escollido: innovar na aula con alumnado NEE. O tema é o mesmo de publicacións anteriores (Food & Drinks), e o formato de ruleta axuda a que o grupo de aula se centre mellor nunha definición á vez, no canto de ver todas as posibilidades xuntas. A actividade foi realizada pola mesma autora.
Saudiña,
Katrin B.
Food roulette! Qué boa! Eu teño unha parecida cos verbos irregulares, pero penso que este xogo cadra moitísimo mellor co repaso de vocabulario. Xa teño unha actividade para a miña clase de mañá! Grazas, Katrin!
ResponderEliminarMoitísimas gracias a ti, Paz, por esa valoración tan positiva! Pareceume que sería unha opción boa nunha aula de secundaria, mesmo por equipos :)
EliminarUnha aperta!