domingo, 22 de novembro de 2020

Tema 1 - As leis educativas.

Ola a todo o mundo!


Esta primeira entrada para a asignatura As linguas estranxeiras no contexto español e internacional versa sobre o primeiro tema que tratamos na aula, que se centra na ensinanza de linguas estranxeiras no presente modelo educativo, nacional e autonómico. Na primeira sesión de aula fixemos unha breve revisión sobre as leis educativas no estado español e a importancia das linguas estranxeiras en cada unha delas. A seguir, preséntase unha breve síntese sobre as leis de educación no estado español durante os últimos 50 anos e unha reflexión persoal sobre o trato que reciben as linguas estraxeiras no currículo actual, incluíndo ámbitos como a educación formal, a Formación Profesional e a situacións nas escolas de idiomas.



Imaxe atopada en: http://lpgeohistoria3bc.blogspot.com/2017/02/


Nos anos 70 apróbase a Lei Xeral de Educación (LXE), que obrigaba á escolarización elemental ata os 14 anos. Esta lei reformou o sistema educativo e daba a posibilidade de continuar co Bacharelato ou a Formación Profesional, de recente creación nese momento, unha vez finalizados os estudos básicos. A aprobación da Constitución a finais desa mesma década menciona o dereito á educacións de todas as persoas cidadás no estado, sen detallalo demasiado. Nos anos 80, aparece a Lei Orgánica do Estatuto de Centros Escolares (LOECE), que tentaba modificar o artigo 27 da Constitución e o dereito á educación dende unha perspectiva conservadora, mais nunca chegou a entrar en vigor polas desavenencias entre os diferentes partidos no goberno e o golpe de estado de 1981. Por outra banda, en 1985 aparece a Lei Orgánica de Dereito á Educación (LODE), que non deroga a LXE senón que se adhire a ela e no canto de centrarse no sistema de estudos, regulaba as funcións dos centros e en xeral da comunidade educativa para entre todas as partes contribuir a unha educación democrática. Tamén supuxo a incorporación dos colexios concertados no sistema español.


En 1990 apróbase a Lei Orgánica de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE), que estaría en vigor ata o 2006. Este documento veu a substituir a LXE aprobada 20 anos antes durante o goberno franquista. Esta lei supón unha nova reforma e baséase nos principios democráticos da Constitución. Algunhas das modificacións máis importantes son a apertura do currículo, a regulación da educación para persoas con necesidades educactivas especiais, a educación para adultos, a importancia do entorno ou a descentralización da ensinanza, que daba máis liberdade ás comunidades autónomas para que regulasen a xestión dos centros educativos e tivesen unha maior capacidade de decisión nunha porcentaxe significativa sobre os contidos do currículo. Esta lei case foi derogada no 2002 coa Lei Orgánica da Calidade da Educación (LOCE), máis esta non chegaría a aprobarse como tal ata o ano 2013. Así, a LOXSE mantívose ata o 2006, momento no que entra en vigor a presente Lei Orgánica de Educación (LOE). Este novo documento deroga a antiga lei de 1990 e a principal variación é que inclúe a adaptación do sistema educativo ao alumnado non universitario que o precisar para unha maior calidade nos procesos de ensinanza-aprendizaxe. A LOE segue activa hoxe en día, aínda que foi modificada parcialmente pola aprobación daLei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) no 2013. Con esta modificación pretendíase rebaixar as taxas de abandono escolar e dar un maior abanico de posibilidades para acceder ao mercado laboral, cun tinte mercantilista, e percíbese tamén unha volta ao pasado ao incluír probas de avaliación ao final de cada etapa educativa (as famosas reválidas que tantos quebradeiros de cabeza trouxeron).


As linguas estranxeiras, parte básica do currículo dende o século XX, semellan ter tidas en conta nada máis que por razóns económicas. Anteriormente á LXE o estudo de idiomas estaba presente en ensinanzas técnicas enfocadas ao comercio e a administración. Por outra banda, nos últimos anos faise referencia á ensinanza de linguas estranxeiras como medio para acceder a un mundo máis globalizado, e especialmente importante é a presencia do estado español na Unión Europea e os obxectivos educativos que persegue. Para a consecución de ditos obxectivos, é preciso que o alumnado teña acceso a outras culturas, acceso que é posible grazas ao coñecemento de linguas estranxeiras. Resulta un pouco chocante que nun país multilingüe se menosprecen as propias linguas minoritarias e se lle dea importancia a un plurilingüismo que por veces, resulta caótico e pouco realista para coas expectativas que existen do alumnado. Dado o papel hexemónico da lingua inglesa, sempre por diante das linguas propias e que baixo a idea dunha Europa máis unida, máis global e máis accesible, ás veces fainos esquecer que non é o único medio de acceso a esa globalidade. Por suposto que foi, é e seguirá sendo importante coñecer linguas para desenvolver unha sociedade máis activa e aberta a relacións académicas, culturais e económicas con outros países, mais a historia non é a mesma. Non se debería esquecer que o estado español se viu rezagado pola ditadura a comparación con outros países europeos, e a lexislación parece que pretende unha comunidade internacional igualitaria sen solucionar primeiro os propios asuntos internos.


A pesar destas desvantaxes respecto a outros países con sistemas educativos máis avanzados, no estado español temos a sorte de contar con docentes de linguas estranxeiras que non únicamente teñen en conta o aspecto socioeconómico das linguas, senon que tratan de inculcar valores e facilitar a aprendizaxe do alumnado con vistas a un futuro intercultural, do que cidadáns e cidadás de toda Europa se poidan beneficiar de igual modo.

sábado, 21 de novembro de 2020

Publicación dixital

A seguinte actividade está relacionada co resto escollido: innovar na aula con alumnado NEE. O tema é o mesmo de publicacións anteriores (Food & Drinks), e o formato de ruleta axuda a que o grupo de aula se centre mellor nunha definición á vez, no canto de ver todas as posibilidades xuntas. A actividade foi realizada pola mesma autora. 

Saudiña,

Katrin B.  


Liña do tempo.

Nesta entrada preséntovos a liña temporal sobre o meu proxecto, é dicir, os pasos que vou a seguir para levar a cabo a miña presentación final.

Saudiña! 

Katrin B.

Made with Padlet

venres, 20 de novembro de 2020

Actividades de aula (III)

Hello there!

This is our third activity together. Choose one of the dishes from all over the world below and find information about the correspondent recipe! 




Full size here.


Picture from https://www.tasteatlas.com/ 

Actividades de aula (II)

Hello there!

Our task today is to do a listening comprehension activity. Please, watch the video linked below (or click here) and do the activity after it (activity #1).




Activity #1: Fill in the gaps with the correct words. You can copy the words on a separate paper and we will correct them together in the next session.

Click here to access the activity. 


Permission granted to reproduce for classroom use.
Materials from  © www.allthingstopics.com

Actividades de aula (I)

Hello there!

Here you have a first activity about food. We can have muffins for breakfast, evening tea or even dinner, but do you know what is needed to make them? Let's find out!


luns, 16 de novembro de 2020

Presentación 3, 2, 1 ...

Ola! 

Esta primeira entrada no blog é para compartir con vós a actividade de presentación. É un vídeo moi breve con algunhas cousiñas sobre min que fixen en Canva. Tamén o podedes atopar aquí.

Saudiña, 

Katrin B.